Cada 17 de maio celébrase o día das LETRAS GALEGAS para homenaxear a autores destacados pola súa creación literaria en galego e pola defensa do idioma. O día non é casual, coincide coa primeira publicación da obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" publicada o 17 de maio de 1863. Cen anos despois comezou a celebrarse o día das Letras Galegas e a homenaxeada non podía ser outra que Rosalía de Castro. Dende entón, cada ano ríndese tributo a un / unha escritor/a.
A Real Academia Galega é a encargada de decidir o autor ou autora homenaxeado/a. Debe cumplir dous requisitos: destacar pola súa creación literaria en galego e cumprirse polo menos dez anos dende o seu falecemento.
Este ano o día das Letras Galegas adícase a RICARDO CARVALHO CALERO.
-1.) Onde naceu?
-2.) Como aprendeu a ler?
-3.) Que estudou na universidade?
-4.) Onde realizou o servizo militar obrigatorio?
-5.) Por que motivo estivo dous anos no cárcere?
-6.) Que relación tiña co colexio Fingoi?
-7.) Ricardo publicou a primeira obra en galego despois da guerra civil, cal é o título desta obra?
-8.) Que conta Ricardo na obra "As pitas baixo a choiva"?
-9.) Como se chama o libro que recolle obras teatrais?
-10.) En que instituto de Santiago de Compostela traballou?
-11.) En que ano publica "Gramática elemental del gallego común"?
-12.) Que condecoración lle concederon en Ferrol?
-13.) En que ano faleceu?
1-naceu en Ferrol o 30 de Octubre de 1910 .
ResponderEliminar2-Usando as páxinas do xornal .
3-A carreira de dereito .
4-Realizouno en Santiago .
5-Por participar na guerra civil defendendo a República .
6-Era profesor e concelleiro delegado .
7-A xente da barreira .
8-O que lle pasara un día que quería meter os pitos pa que non se mollaran .
9-Catro pezas .
10-En Rosalía de Castro .
11-Publicouno en 1966 .
12-Fillo predilecto de Ferrol .
13-Morreu o 25 de Marzo de 1990