Propoñémosvos máis actividades en liña sobre Ricardo Carvalho Calero. Buscade as actividades aconselladas para o voso nivel.
En VOCES E IMAXES o alumnado de Infantil e 1º de primaria, ten que asociar a voz coa imaxe correspondente. Para relacionar a imaxe coa voz tedes que premer na imaxe e na voz pertinente a esa imaxe para que se unan. Non esquezades deslizar a barra de desprazamento (rodeada de vermello na foto) cara abaixo para ver todas as imaxes e escoitar todos os audios.
Un MEMORY DE RICARDO CARVALHO para o alumnado de Infantil. Consiste en procurar as imaxes iguais do homenaxeado. Este memory consta de 10 imaxes e tedes 15 intentos para conseguilo. Non esquezades deslizar a barra de desprazamento (rodeada de vermello na foto) cara abaixo para ver todas as imaxes.
O alumnado de 1º e 2º poderá realizar este MEMORY DE RICARDO CARVALHO que consiste en procurar as imaxes iguais do homenaxeado. Este memory consta de 16 imaxes e tedes 15 intentos para conseguilo. Non esquezades deslizar a barra de desprazamento (rodeada de vermello na foto) cara abaixo para ver todas as imaxes.
Unha SOPA DE LETRAS para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Nela teredes que buscar palabras relacionadas coas Letras Galegas 2020 e co seu homenaxeado. Se algunha palabra se vos resiste podedes premer na opción de "Mostrar palabra".
DITO POR CARVALHO é unha actividade destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Consiste en ordear as palabras de Ricardo Carvalho para formar a frase completa que dixo el.
O alumnado de 5º e 6º pode comprobar todo o que sabe sobre Ricardo coa seguinte ROLETA DE PALABRAS. Contades con cinco minutos para completala.
Podedes contarnos como vos foi con estas tarefas deixándonos un comentario ou escribíndonos a
dlasionlla@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario