domingo, 20 de novembro de 2022

MAGOSTO

O pasado venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO. 

Nesta ocasión volveron os xogos tradicionais, sen as restricións dos grupos burbulla. O alumnado da Sionlla gozou xogando cos compañeiros das súas aulas e mesturándose con compañeiros doutras clases. Despois degustaron as castañas asadas. 

No seguinte vídeo podedes ver un resumo do ben que o pasaron.