mércores, 22 de decembro de 2021

BO NADAL!

Un ano máis, os nenos e nenas da Sionlla fixeron postais de Nadal,  para felicitar as festas aos residentes da Domus Vi, situada no barrio de Pontepedriña. Ademais os máis pequenos puideron ver aos residentes por videochamada. Algúns aproveitaron para decir os agasallos que agardan recibir nas súas casas os vindeiros días e tamén lles desexaron aos residentes unhas boas festas.

No seguinte vídeo podedes ver algunhas das tarxetas que elaborou o alumnado do noso centro.



 BO NADAL!