mércores, 22 de decembro de 2021
BO NADAL!
venres, 19 de novembro de 2021
MAGOSTO 2021
Estamos en pleno outono e iso en Galicia é igual a castañas. O pasado venres día 12 festexamos no colexio o magosto, aproveitamos para celebrar unha xornada de xogos tradicionais e para rematar comemos castañas.
Podedes ver unhas cantas fotos na seguinte presentación.
sábado, 30 de outubro de 2021
SAMAÍN 2021
A continuación deixámosvos algunhas das tarefas que realizaron os alumnos do noso centro, para conmemorar o Samaín.
luns, 17 de maio de 2021
Bo día das LETRAS GALEGAS
«Que nunca, nunca xamais, me diga alguén que non entende de poesía.
A poesía non se entende, síntese ou non se sinte, faise ou non se fai»
martes, 11 de maio de 2021
XELA ARIAS
Para ver máis preme na seguinte imaxe.
OS MAIOS
O inverno pasou e xa estamos no mes das flores, BENVIDO MAIO.
Dende a Sionlla creamos varios Maios empregando, flores, xestas, fiunchos, laranxas, noces, castañas, etc que trouxeron os nenos e nenas. Ademais tamén se animaron a cantar coplas, non perdades detalle do seguinte vídeo.




