martes, 11 de maio de 2021

XELA ARIAS




XELA naceu o 4 de marzo de 1962 en Lugo, pero foi rexistrada no concello de Sarria, onde pasa os primeiros anos da súa infancia. 

Estudou infantil e primeiro de primaria no colexio de Fingoi, de Lugo. Rematou os seus estudos de primaria e bacharelato en Vigo, cidade á que foi destinado seu pai, que era mestre de primaria.

Con once anos, en quinto de primaria, gañou o concurso de contos "O FACHO", co conto co relato A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia. Este texto foi publicado polo xornal La Voz de Galicia.

Cando rematou o Bacharelato e polos seus coñecementos do galego, entrou a traballar en edicións Xerais de Galicia. Ademais Xela foi poeta, tradutora e profesora de lingua castelá e literatura en secundaria en varios institutos galegos.

Os seus libros máis coñecidos son  TIGRES COMA CABALOS e DARÍO A DIARIO, dedicado ao seu fillo.

Tamén foi tradutora ao galego de moitos libros: AS BRUXAS, de Roald Dahl, CONTOS AO TELÉFONO, de Rodari...

Polo seu traballo a prol do galego, a Real Academia Galega dedícalle o día das Letras Galegas de 2021.



Para ver máis preme na seguinte imaxe.

https://es.calameo.com/read/00670476649ae7ccc2d2a




Ningún comentario:

Publicar un comentario