Xa quedan poucos días para que chegue o Samaín e para celebralo queremos propoñervos unha actividade que xa realizastes cursos anteriores, TALLAR UNHA CABAZA. Cando teñades a vosa cabaza tallada, tedes que sacarvos unha foto con ela e enviala ata o día 27 de outubro ao seguinte enderezo de correo electrónico:
dlasionlla@gmail.com
No correo electrónico que nos enviedes, ademais de adxuntar a foto da vosa cabaza, debedes engadir o voso nome e o curso.
Unha vez recompiladas as fotos das vosas cabazas, poderedes ver unha exposición virtual das mesmas neste blog.
Adxuntamos unha imaxe cos pasos que vos recomendamos seguir:
DENDE A SIONLLA
CONMEMORAMOS O SAMAÍN,
CON SENTIDIÑO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario