domingo, 20 de novembro de 2022

MAGOSTO

O pasado venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO. 

Nesta ocasión volveron os xogos tradicionais, sen as restricións dos grupos burbulla. O alumnado da Sionlla gozou xogando cos compañeiros das súas aulas e mesturándose con compañeiros doutras clases. Despois degustaron as castañas asadas. 

No seguinte vídeo podedes ver un resumo do ben que o pasaron. 




venres, 20 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Coma cada ano o 17 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS.

No vídeo podedes ver aos gañadores do VI concurso das Letras Galegas recollendo os seus agasallos (lote de libros). Ademais non vos perdades como gozou o alumnado da Sionlla do concerto de Paco Nogueiras.



venres, 6 de maio de 2022

OS MAIOS

Coa entrada no mes de maio, non podíamos deixar de festexar a despedida do inverno e o renacer da natureza, coa chegada da primavera.  

No seguinte vídeo podedes ver os maios que elaborou cada clase. Algúns ata se animaron coas coplas.




venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO



Co gallo do Día do Libro algúns dos nenos e nenas de 6º deseñaron marcapáxinas para que o alumnado do noso centro marque o punto exacto no que detén temporalmente a lectura.

O marcapáxinas co que agasallamos a todo o alumnado é un deseño de Mar Fraga Enjo.

 







martes, 8 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

 Achegamos un vídeo cun resumo da semana do entroido. O alumnado de 6º encargouse das consignas do meco, que moitos/as nenos/as se animaron a cumplir. Canta cor había no cole. 

Boa parte dos disfraces estaban relacionados coa temática "CONTOS INFANTÍS"