mércores, 24 de febreiro de 2021

ROSALÍA

 Cada 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía, coincidindo co nacemento da escritora galega máis representativa da nosa literatura.

Os nenos e nenas de 1º recitan o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".




Os seus compañeiros e compañeiras  de 3º sacaron unhas bonitas fotos, asomándose a ventá de Rosalía, con algúns dos seus versos máis coñecidos. 




xoves, 18 de febreiro de 2021

O ENTROIDO NA SIONLLA

Este ano, dende o centro celebramos de maneira diferente o noso tradicional Entroido. 
A prioridade foi, coma sempre, manter a seguridade de todos, pero non por iso, deixamos pasar a oportunidade de gozar e pasar momentos divertidos. 

Todos levamos un complemento que non utilizamos outros anos, a máscara, pero aínda así, as ordes do Meco encheron de cor os nosos corredores e conmemoramos con ledicia o Entroido.